Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 23 Novembro 2024.

Convocatorias unitarias do movemento feminista galego, do cal forma parte CCOO.

Homenaxeamos a un dos fundadores da nosa organización, delegado por Ourense naquel primeiro congreso do sindicato en 1978, que formou parte da Comisión Executiva do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia.

CCOO rexeita asinar o convenio

O sindicato non asina o convenio tras verse rexeitado de xeito unánime polos traballadores e traballadoras do sector nas asembleas convocadas.

Despedimos a Xosé Gómez

«Despedimos un dos fundadores da nosa organización, delegado por Ourense naquel primeiro congreso do sindicato en 1978», sinala Amelia Pérez secretaria xeral CCOO-Galicia.

Carro de limpeza

CIG e UGT asinaron un convenio con salarios por baixo do SMI, condenando as traballadoras a non ter subas nin no 2023 nin no 2024.

Posto de CCOO en Previsel

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia participou os pasados 13 e 14 de marzo na 17.ª edición de Previsel, o salón sectorial da seguridade e a saúde no traballo. O evento tivo lugar no recinto feiral de Expourense e acolleu máis de 2600 persoas, das cales 500 foron estudantes de secundaria e FP de centros da Coruña e Ourense.

A secretaria xeral de CCOO e o secretario xeral de UGT participaron na manifestación da Coruña.

Primeiro de Maio: polo pleno emprego, menos xornada, mellores salarios

1.º DE MAIO

As organizacións sindicais maioritarias no noso país, as Comisións Obreiras e a Unión Xeral de Traballadoras e Traballadores, ante este 1.º de Maio de 2024, situados nun ciclo e momento de recuperación e de conquista de dereitos, dos cales somos parte inherente, convocamos a cidadanía a participar en todos os actos e manifestacións do 1.º de Maio para defender o gañado ata agora e continuar avanzando en novos retos laborais e sociais.

Presentación da campaña «Que ninguén limpe o teu salario»

O sindicato denunciará na Inspección de Traballo as empresas que non cumpran co acordo salarial pactado na provincia da Coruña e esixe subas salariais en toda Galicia.

CCOO participa na 17.ª edición de Previsel

Un ano máis, CCOO participará en Previsel, salón da prevención e a saúde laboral.

Eleccións sindicais na Deputación Provincial de Ourense

Logo do reconto realizado, confirmase que CCOO segue sendo o sindicato de clase máis votado polos traballadores/as da deputación provincial de Ourense.

Manifestación en Santiago de Compostela dos bombeiros dos parques comarcais (13/7/2023)

Principio de acordo entre a mesa sindical de bombeiros e os consorcios provinciais.