Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 23 Novembro 2024.

Convocatorias unitarias do movemento feminista galego, do cal forma parte CCOO.

Estima recurso ide CCOO contratación do SAF do Concello da Laracha

O TACGal estima o recursoe obriga a revisar os custos salariais para garantir o cumprimento do convenio colectivo da actividade de axuda no fogar. É un paso importante para protexer os dereitos das persoas traballadoras do sector

Foto: Pixabay

Pactáronse nove festivos de convenio. Se coincidiren cun festivo local, pasarán ao día anterior.

CCOO asina o calendario laboral da construción da Coruña

Festivos de convenio do 2025: 2 e 3 de xaneiro; 3 e 4 de marzo; 14, 15 e 16 de abril; 2 de maio; 31 de outubro; 24, 26 e 31 de decembro.

Taquillas de Renfe

O Comité de Empresa de Renfe na Coruña, convocou folga de 4 horas o venres 19 de xullo de 12.00 a 16.00 hs. Afectará ás taquillas de Santiago de Compostela, Ferrol e A Coruña, motivada polos intolerables erros no sistema informático de venda.

O persoal da Axencia Tributaria reclama melloras laborais

Houbo concentracións en todas as delegacións especiais da AEAT no Estado. Por este motivo, o persoal de Galicia protestou na Coruña.

Concentración do persoal de Universal Support (Grupo Konecta) diante do Banco Santander, na Coruña

O comité de empresa de Universal Support convocou este mércores mobilizacións na Coruña para denunciar as condicións laborais do centro de traballo de Bergondo.

O persoal de DXC Technology concentrouse diante de dúas oficinas de Abanca e Bankinter na Coruña

Houbo unha concentración na Coruña este luns diante das oficinas de Abanca e Bankinter da rúa Nova.

CCOO consegue asinar o incremento do 9,8% no convenio da limpeza

Comisións congratúlase polo cambio de postura de CIG e UGT, que estaban dispostos a ratear o incremento en varias anualidades malia non ser legalmente necesario.

Concentración na Coruña para esixir melloras na Axencia Tributaria (22/5/2024)

O sindicato denuncia a deterioración das condicións laborais ata o punto de prexudicar a prestación dun servizo público fundamental.

A secretaria xeral de CCOO e o secretario xeral de UGT participaron na manifestación da Coruña.

Folga e mobilización do persoal de Teleperformance na Coruña (29/4/2024)

Este luns, 29 de abril, tivo lugar na Coruña unha xornada de folga e mobilización nas empresas DXC Technology e Teleperformance.

Primeiro de Maio: polo pleno emprego, menos xornada, mellores salarios

1.º DE MAIO

As organizacións sindicais maioritarias no noso país, as Comisións Obreiras e a Unión Xeral de Traballadoras e Traballadores, ante este 1.º de Maio de 2024, situados nun ciclo e momento de recuperación e de conquista de dereitos, dos cales somos parte inherente, convocamos a cidadanía a participar en todos os actos e manifestacións do 1.º de Maio para defender o gañado ata agora e continuar avanzando en novos retos laborais e sociais.