Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 21 Novembro 2024.

POLÍTICA DE PRIVACIDADE

A CONFEDERACIÓN SINDICAL DE CCOO (en diante CS de CCOO) está especialmente sensibilizada na protección de datos de carácter persoal das persoas usuarias que participan da actividade do sindicato. Mediante esta Política de Privacidade (ou Política de Protección de Datos), CS DE CCOO informa as persoas USUARIAS do sitio web www.ccoo.es dos usos aos que se someten os datos de carácter persoal que se piden, co fin de que decidan, libre e voluntariamente, se desexan facilitar a información solicitada.

Tamén, atendendo ao deber de transparencia e información recollido no artigo 11 da Lei orgánica 3/2018 de 5 de decembro, de protección de datos persoais, para dar cumprimento ao deber de información establecido no artigo 13 do Regulamento (UE) 2016/679, ponse a disposición das persoas interesadas toda a información ampliada dos diferentes tratamentos de datos persoais levados a cabo no sindicato e cuxa información básica foi facilitada en cada un dos tratamentos correspondentes.

CS DE CCOO resérvase a facultade de modificar esta política co obxecto de adaptala a novidades lexislativas, criterios xurisprudenciais ou intereses da organización. Calquera modificación nela será anunciada coa debida antelación, co fin de que teñas perfecto coñecemento do seu contido. Tamén estará sempre actualizada a información ampliada sobre os tratamentos realizados.

1. RESPONSABLE

O Responsable do Tratamento dos datos de carácter persoal é:

Confederación Sindical de CCOO, CIF: G28496131 e domicilio en r/ Fernández de La Hoz, 12 - 28010 (Madrid). Podes contactar connosco a través de http://www.ccoo.es/Contacta

Contacto correo electrónico Delegada de Protección de Datos: dpd@ccoo.es

2. FINALIDADE DO TRATAMENTO

Informámoste de que a finalidade da recollida e tratamento dos datos persoais que voluntaria-mente nos facilitas, a través dos distintos formularios postos a disposición das persoas interesa¬das, responden, segundo o caso concreto, a:

— Manter contacto regular mediante canles de comunicación, incluíndo correo electrónico, sms e redes sociais, sobre temas que constitúen a actividade lexítima do sindicato, sempre en relación cos fins sindicais.

—Recibir os nosos comunicados, publicacións e boletíns electrónicos.

—Xestionar e atender as solicitudes de información, as consultas, dúbidas e suxestións que nos poidas formular a través dos diversos medios de contacto postos ao teu dispor.

—Xestionar os servizos ou actividades, actos ou eventos organizados polo sindicato.

—Coñecer a opinión a través de enquisas.

Ademais, en cada un dos tratamentos facilitarase información detallada sobre a finalidade, segundo o caso.

3. PRAZO DE CONSERVACIÓN

Os datos baseados no consentimento manteranse mentres non revogues o consentimento ou te opoñas ao tratamento. Podes consultar o prazo de conservación dos diferentes tratamentos na información ampliada.

4. LEXITIMACIÓN

CCOO está lexitimada para o tratamento dos datos persoais, sobre a base do recollido no artigo 9.2.d do RXPD, que lexitima o tratamento para o desempeño da actividade como organización sindical, no ámbito das súas actividades lexítimas e coas debidas garantías, sempre que o tratamento se refira exclusivamente aos membros actuais ou antigos ou a persoas que manteñan contactos regulares con eles en relación cos seus fins.

Tamén, CCOO está lexitimada para o tratamento de datos persoais, sobre a base do consenti-mento outorgado polo interesado para un ou varios fins específicos, tal e como recolle o artigo 6.1.a, ao cubrir os formularios e marcar a casa habilitada para tal efecto.

Podes consultar as bases lexitimadoras dos diferentes tratamentos na información ampliada.

5. EXACTITUDE DOS DATOS

Por outro lado, co fin de que os datos que figuran nos nosos ficheiros, informáticos e/ou en papel, sempre correspondan á realidade, tratarase de mantelos actualizados. De xeito que, para estes efectos, deberás realizar os cambios, directamente, cando así estea habilitado ou comunicán¬dose, por medio fidedigno, á área ou departamento correspondente de CS DE CCOO.

6. DESTINATARIOS

Os datos persoais non serán cedidos ou comunicados a terceiros, salvo nos supostos necesarios para o desenvolvemento, control e cumprimento da/s finalidade/s expresada/s, nos supostos previstos segundo a lei. Podes consultar as comunicacións de datos dos diferentes tratamentos na información ampliada.

CS DE CCOO conta con encargados de tratamento cos que ten asinados un contrato de acceso a datos conforme o contido previsto no artigo 28 do RXPD.

7. DEREITOS DOS USUARIOS

En todo caso poderás exercitar os dereitos que te asisten, de acordo co Regulamento Xeral de Protección de Datos, e que son os seguintes:

— Dereito a solicitar o acceso aos datos persoais. Este dereito consiste en obter información sobre se en CS DE CCOO estamos tratando os teus datos ou non e, en caso afirmativo, o acceso á información dos datos e prazo de tratamento, así como os fins e destinatarios.

— Dereito a solicitar a súa rectificación no caso de que os datos sexan inexactos ou incompletos.

—Dereito á supresión dos teus datos cando, entre outros motivos, estes xa non sexan necesarios para os fins para os que foron recollidos.

— Dereito a solicitar a limitación do seu tratamento. Este dereito consiste en que obteñas a limitación do tratamento dos teus datos que realiza o responsable.

Poderás exercitar tales dereitos mediante unha solicitude acompañada dunha fotocopia do teu DNI, especificando cal destes solicitas que sexa satisfeito, e remitida á dirección: Confederación Sindical de CCOO, Delegada de Protección de Datos, r/ Fernández de la Hoz 12, 3.ª Planta, 28010 Madrid, ou ao seguinte enderezo de correo electrónico: dpd@ccoo.es

Poñemos á túa disposición os seguintes formularios: formulario de exercicio de dereito de supresión, formulario de exercicio de dereito de acceso, formulario de exercicio de dereito de rectificación, formulario de exercicio de dereito de portabilidade, formulario de exercicio de limitación do tratamento, formulario de exercicio de oposición.

En caso de considerar vulnerado o teu dereito á protección de datos persoais, poderás interpoñer unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (www.aepd.es).

8. MEDIDAS DE SEGURIDADE

Finalmente, infórmase de que CS DE CCOO adoptará no seu sistema de información as medidas técnicas e organizativas adecuadas co fin de garantir a seguridade e confidencialidade dos datos almacenados, evitando así a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado, tendo en conta o estado da técnica, os custos de aplicación e a natureza, o alcance, o contexto e os fins do tratamento, así como riscos de probabilidade e gravidade variables asociadas a cada un dos tratamentos.

O usuario queda advertido de que o contrasinal de acceso á Zona de Afiliados é persoal e intransferible, polo que debe almacenalo coa debida dilixencia e seguridade e non debe comunicalo a terceiros.