Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 21 Novembro 2024.

EURES

Eures é un servizo público europeo de emprego, do que forman parte os servizos públicos de emprego dos Estados membros da Unión Europea. Así mesmo, hai Eures transfronteirizos; actualmente existen vinte e dúas asociacións transfronteirizas en EURES, repartidas xeograficamente por toda a rede e situadas en trece países.

Estas asociacións poñen en comunicación os servizos públicos de emprego cos de formación profesional, as organizacións patronais, os sindicatos, as autoridades locais, as universidades e outras institucións que traballan no emprego e a formación.

As asociacións transfronteirizas EURES son un valioso punto de contacto entre as Administracións de emprego e os interlocutores sociais.

Tamén axudan a controlar estas "cuncas de emprego" transfronteirizas, que son un elemento clave para o desenvolvemento dun verdadeiro mercado de traballo europeo.

http://www.eures-norteportugal-galicia.org/