Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 21 Novembro 2024.

25/10/2023
Xuntanza do CSIr Galicia-Norte de Portugal, en Vigo

Así o expresou a secretaria xeral de CCOO na última reunión do Consello Sindical Interrexional (CSIr) Galicia-Norte de Portugal, que tivo lugar o martes en Vigo.

CSIr Galicia e Norte de Portugal

O Consello Sindical Interrexional Galicia-Norte de Portugal é unha organización sindical da Confederación Europea de Sindicatos composta polas organizacións sindicais UGT Galicia, UGT Portugal, CGTP-IN e Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia.

O CSIr Galicia-Norte de Portugal, un dos corenta e catro consellos sindicais interrexionais (noveno na súa orde de creación) que existen na Unión Europea, traballa en estreita colaboración con institucións do ámbito fronteirizo. Ten asinados convenios de colaboración coa Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal e Eixo Atlántico, e é membro do Eures Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal.

A creación da Axencia de Cooperación Territorial ha servir para establecer un Pacto pola Economía e Emprego da Eurorrexión, no que se acorden as prioridades de investimento tanto en infraestruturas físicas como tecnolóxicas.

Como Consello Sindical Interrexional, participamos nunha estrutura específica da Confederación Europea de Sindicatos e, a través dela, temos presenza nalgún dos grupos de traballo da Comisión Europea.