Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 18 Maio 2024.

CCOO organiza a xornada 'Os riscos psicosociais no traballo'

    Co gallo do 28 de abril, Día Internacional da Seguridade e a Saúde no Traballo, a Secretaría de Saúde Laboral de CCOO organiza unha xornada sobre os riscos psicosociais. Será o vindeiro día 17, mércores, en Santiago de Compostela, das 10 ás 13 horas.

    08/04/2024.
    Cartel anunciador da xornada

    Cartel anunciador da xornada

    As persoas relatoras serán Virginia Saz, técnica de Saúde Laboral da Confederación Sindical de CCOO e Manuela Caneda, técnica do Gabinete de Saúde Laboral do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia.

    A xornada será presentada e conducida por Armando Iglesias, secretario de Saúde Laboral do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia.