Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 26 Abril 2024.

CCOO pídelle ao Goberno medidas para evitar decisións insolidarias na xestión da crise

    O secretario xeral do Sindicato Nacional de CCOO, Ramón Sarmiento, entrevistouse o luns coa ministra de Economía, Nadia Calviño, a quen lle pediu que o Executivo central tome medidas para evitar a adopción de medidas insolidarias na xestión da crise, como está a acontecer actualmente nalgúns sectores.

    11/05/2021.
    A ministra de Economía, Nadia Calviño | Foto: Goberno de España

    A ministra de Economía, Nadia Calviño | Foto: Goberno de España

    En declaracións á Cadena SER após a xuntanza con Calviño, Sarmiento explicou que a Administración «ten que entender que a actual situación precisa medidas de carácter extraordinario». Segundo Sarmiento, hai sectores onde parece que «xa tomaron unha decisión: non queren agardar polos fondos de reestruturación nin apostar por un país con cohesión social e territorial, e non queren facer un proceso de transición xusta, senón abrir un proceso de desvalorizacion».

    Dado que Calviño tamén ten as competencias sobre a transformación dixital, o secretario xeral de CCOO puxo como exemplo os despedimentos masivos que están riba da mesa no sector financeiro (caso do BBVA) ou do retail (caso de H&M). «A Administración está obrigada, non só a dar un 'toque'», senón tamén a «aprobar cambios normativos que o impidan», expresou Sarmiento.

    Fondos europeos

    Canto aos fondos europeos Next Generation, o secretario xeral de CCOO explicou que cómpre que o Goberno do Estado «faga o esforzo de dotar de concreción as propostas de que se fala» que se poderán financiar con estes recursos, pois lamentou que actualmente son pouco precisas.

    Audios asociados

    Entrevista a Ramón Sarmiento no programa 'La Ventana de Galicia', da Cadena SER, sobre a reunión coa ministra de Economía, Nadia Calviño (10/5/2021)