Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 27 Abril 2024.

Concentración na Coruña para defender o porto

  • Convocada pola Plataforma en Defensa do Común, da que forma parte CCOO

A Plataforma en Defensa do Común, da que forma parte CCOO, convocou este mércores unha concentración na Coruña cadrando coa constitución da comisión interadministrativa que tratará o futuro das instalacións portuarias.

05/05/2021.
Concentración da Plataforma en Defensa do Común (5/5/2021)

Concentración da Plataforma en Defensa do Común (5/5/2021)

A Plataforma esixe a condonación do préstamo de Puertos del Estado á Autoridade Portuaria da Coruña, que permitiu a construción do porto exterior, rexeitando medidas como a flexibilización da débeda ata o 2035 ou a privatización e venda de terreos portuarios.