Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 26 Abril 2024.

CCOO esixe que presida Navantia alguén do sector e de «solvencia contrastada»

    A sección sindical de CCOO-Industria en Navantia esixe que os estaleiros públicos estean presidios por alguén que pertenza ao sector naval e que teña «solvencia contrastada». O sindicato denuncia que se trate a empresa como un «chiringuito privado» no que colocar persoas afíns e con «salarios desorbitados».

    02/04/2021.
    Asemblea de traballadoras e traballadores de Navantia

    Asemblea de traballadoras e traballadores de Navantia

    Para a sección sindical, o anuncio dunha nova figura para a presidencia de Navantia, a terceira en menos de tres anos, é un «síntoma» de que o Goberno central «non ten intención» de tratar os problemas que prexudican os estaleiros públicos.

    O sindicato leva tempo denunciando a «deterioración» nos procesos produtivos, das relacións laborais, así como a «calamitosa situación económica».