Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 19 Marzo 2024.

O persoal de Política Social desafía o tempo adverso e reivindica os seus dereitos

    A pesar das malas condicións atmosféricas, o persoal dos centros da Consellaría de Política Social volveuse mobilizar hoxe en defensa dos seus dereitos. Levan xa vinte e seis semanas de protestas sen que a conselleira, Fabiola García, se digne recibir a representación sindical.

    21/01/2021.
    Protesta do persoal dos centros da Consellaría de Política Social (21/1/2021)

    Protesta do persoal dos centros da Consellaría de Política Social (21/1/2021)

    Desde 2012, o cadro de persoal dos centros foise reducindo, pero non diminuíu na mesma proporción a carga de traballo. Coa pandemia da covid-19, menos persoas tiveron que facer fronte a moitas máis tarefas, provocando a saturación do persoal.

    Isto, sumado á precaridade laboral —máis da metade do persoal é interino—, explica por que Política Social é a Consellaría con máis accidentes de traballo de toda a Xunta, inciden os sindicatos.

    Dez meses despois de comezar a pandemia, o departamento que dirixe Fabiola García non foi capaz de poñer en marcha un plan de continxencia nas residencias da súa competencia. «A comunicación non flúe, descoñécese a día de hoxe a afectación sobre persoal e persoas usuarias», critican as organizacións sindicais.