Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 24 Abril 2024.

CCOO promove o asinamento dun acordo programático en defensa do Sistema Universitario Galego

  • O sindicato considera que a proposta promovida por ABANCA «non vai cubrir ningunha eiva nin complementar a oferta actual» pública

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia promove o asinamento dun acordo programático en defensa do Sistema Universitario Galego ao conxunto de forzas políticas, organizacións sindicais e órganos de goberno das tres universidades públicas. Para isto, no día de hoxe vén de remitirlles unha resolución ao PP, PSOE, BNG, EU, Podemos, Anova e En Marea, así como a UGT, CIG e reitores das tres universidades.

12/02/2020.
CCOO considera que a proposta promovida por ABANCA «non vai cubrir ningunha eiva» do sistema público

CCOO considera que a proposta promovida por ABANCA «non vai cubrir ningunha eiva» do sistema público

Para CCOO, o Sistema Universitario Público de Galicia goza, no esencial, dunha excelente saúde, tanto no eido da investigación coma no equilibrio orzamentario. Non obstante, pide mellorar o orzamento, elevándoo ao equivalente do un por cento do PIB galego.

CCOO considera que a proposta promovida por ABANCA e autorizada polo Consello Galego de Universidades «non responde ao interese público da sociedade galega», pois «non vai cubrir ningunha eiva nin complementar a oferta actual» pública. «Ao contrario, vén duplicar estudos coa agravante de que, precisamente nos que forman parte do proxecto, existe unha maior oferta de prazas públicas respecto ás demandadas», critica o sindicato.

Tras confirmarse que o adianto electoral provocará que este tema se teña que tomar en consideración na vindeira lexislatura do Parlamento de Galicia, CCOO toma a iniciativa de reunir «compromisos explícitos previos» antes do comezo da campaña electoral e da presentación dos programas que concorran nesta cita.