Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 28 Marzo 2024.

Servizos Xurídicos

A Asesoría Xurídica é o servizo primordial do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia.

CCOO defende os intereses e os dereitos dos traballadores e traballadoras na negociación colectiva e tamén, cando se dá o caso, a través das nosas asesorías xurídicas.

Para contactar cos nosos servizos xurídicos só tes que acudir aos locais de CCOO.

CCOO ofrécelles aos seus afiliados e afiliadas servizos xurídicos bonificados con desconto ou gratuítos, segundo a antigüidade na afiliación.

Infórmate no local máis próximo.