Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 23 Novembro 2024.

Constituída en Vigo a coordinadora de CCOO en Stellantis España

    O martes, 29 de outubro, constituíuse na fábrica de Vigo a coordinadora de CCOO en Stellantis España. O obxectivo é dotar o sindicato das ferramentas necesarias para defender os intereses dos traballadores e traballadoras das tres plantas que a multinacional francesa ten no Estado (Vigo, Madrid e Zaragoza).

    30/10/2024.
    A coordinadora de CCOO en Stellantis España constituíuse en Vigo

    A coordinadora de CCOO en Stellantis España constituíuse en Vigo

    Desde a sección sindical de CCOO en Stellantis Vigo sinálase que, nun momento de reconversión da industria do automóbil, «é imprescindible organizarse de xeito colectivo» para afrontar os retos de futuro.

    Integrantes

    Integran a coordinadora dous sindicalistas de cada fábrica: Santiago García Cameselle e Sergio González Valeiras (Vigo), Alberto Fernández Lanza e Esther Virginia Busto Delgado (Madrid), Lydia Silva Troc e Juan Pedro Navarro Olivares (Zaragoza). A portavocía recae en Santiago García, secretario xeral da sección sindical de CCOO en Stellantis Vigo.