Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 23 Novembro 2024.

‘Gaza, a catástrofe’

    A secretaria xeral de CCOO, Amelia Pérez, acudiu hoxe en Vigo á xornada organizada pola ONG Hoy por Ti e o Concello titulada ‘Gaza, a catástrofe’. O xenocidio que leva un ano padecendo o pobo palestino foi o gran tema que fiou as distintas intervencións que se puideron escoitar no Auditorio Afundación.

    16/10/2024.
    CCOO rexeita a catástrofe humanitaria en Palestina

    CCOO rexeita a catástrofe humanitaria en Palestina

    Presentou o alcalde, Abel Caballero, e tomaron a palabra a maxistrada Magdalena Fernández (Xuíces e Xuízas para a Democracia); o actor Antonio Durán Morris (presidente de Hoy por Ti); o xornalista e escritor Ernesto Ekaizer; Francesca Albanese, relatora especial da ONU para os territorios palestinos ocupados; Ana Isabel Tomás, coordinadora de MSF; Óscar Camps, fundador e director de Open Arms; e telematicamente pechou Josep Borrell, alto representante da UE para os Asuntos Exteriores.

    Dous Estados e apoio á UNRWA

    CCOO rexeitou en numerosas ocasións o xenocidio perpetrado contra o pobo palestino e a vulneración dos máis elementais dereitos humanos na rexión, facendo caso omiso das máis básicas normas internacionais.

    A situación esténdese agora ao Líbano, onde os bombardeos do exército israelí non están a respectar sequera as posicións da ONU, ao tempo que leva meses atacando a axencia humanitaria UNRWA.

    CCOO defende unha solución política que pasa pola creación de dous Estados, como ditaminan as resolucións das Nacións Unidas, e esixe a fin de calquera acción que poña en perigo a poboación civil.

    Así mesmo, o sindicato fai un chamamento a contribuír co labor humanitario da UNRWA, habilitando para iso unha vía para facer doazóns que permitan seguir salvando vidas na rexión. Pódese colaborar a través da web https://donaunrwa.ccoo.es.

    Ligazóns relacionadas
    Ligazóns relacionadas