Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 23 Novembro 2024.

CCOO organizou en Vigo unha nova Xornada Sindical da Muller

    A Unión Comarcal de CCOO de Vigo, coa colaboración do Concello de Vigo, organizou este venres, 6 de setembro, unha nova edición da Xornada Sindical da Muller. Este ano, so o título "Medidas e recursos nas empresas para alcanzar a igualdade real e efectiva das persoas".

    06/09/2024.
    Xornada Sindical da Muller (Vigo, 6 de setembro do 2024)

    Xornada Sindical da Muller (Vigo, 6 de setembro do 2024)

    O encontro comezou ás 9:00 coa entrega de acreditacións e, pouco despois, un saúdo de Puri Bernárdez, secretaria comarcal de Muller e Igualdade de CCOO. A seguir tomou a palabra Olga Alonso, concelleira de Educación do Concello de Vigo.

    Ás 9:30 interveu Iria Antuña, secretaria de Muller e Igualdade da Federación estatal de Ensino de CCOO, quen falou dos permisos por coidados e os conceptos de conciliación e corresponsabilidade.

    A seguinte relatora, Marta Sorribes, delegada da sección sindical de CCOO no CSIC, tratou o protocolo antiacoso na entidade e o acoso ás mariñas e biólogas nas embarcacións.

    Tras o descanso, pecharon a xornada de mañá Roberta Mattia, técnica de formación en diversidade sexual e de xénero, e Antón Freire, fiscal da Fiscalía Provincial da Coruña, que falaron sobre a lei trans.

    A sesión de tarde tivo lugar ás 15:30 coa proxección do filme As neves, de Sonia Méndez. Tras a visualización da fita houbo un debate e, xa ás 17:30, clasurou a xornada a secretaria xeral da Unión Comarcal de CCOO de Vigo, Montserrat Carrera.