Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 23 Novembro 2024.

Actos en Vigo pola recuperación da memoria histórica

    O vindeiro 19 de setembro, ás 19 horas, a Unión Comarcal de CCOO de Vigo realizará unha ofrenda floral na fosa común de Sestás (A Guarda). A seguir terá lugar unha charla-coloquio no salón de plenos do Concello.

    27/08/2024.
    Cartel anunciador do acto en Sestás

    Cartel anunciador do acto en Sestás

    O relator da charla será o profesor Xesús Alonso Montero, quen falará sobre dous poetas asasinatos polos sublevados franquistas, Manuel Gómez del Valle e Federico García Lorca. Ao remate actuará o coro Cantos de Liberdade.

    Autobús

    Para facilitar o desprazamento haberá un autobús que sairá ás 17:45 da sede comarcal do sindicato, na rúa das Teixugueiras, que regresará ao remate destes actos. Quen desexe utilizar este medio de transporte poderao facer chamando ao 986246800 (Gloria) antes do día 13.