Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 20 Abril 2024.

CCOO gaña o xuízo contra o Concello de Mos por prácticas antisindicais

    CCOO gaña a demanda presentada contra o Concello de Mos para defender os dereitos sindicais dunha representante das persoas traballadoras desta entidade local.

    07/10/2022.
    Fachada da casa consistorial de Mos

    Fachada da casa consistorial de Mos

    Todo comezou en setembro do 2021, cunha resolución da Alcaldía que solicitaba a devolución das horas dedicadas ao traballo sindical. A Administración entendía que tiña potestade para limitar o uso do crédito horario e a distribución realizada por CCOO entre os seus representantes.

    Ata o ano 2020, ningún sindicato facía uso desas horas. Coa elección de representantes de CCOO no Concello, comezouse a facer verdadeira acción sindical e, polo tanto, a usar as horas de permiso destinadas para este efecto. A reacción do Goberno local foi iniciar un movemento «reaccionario» para limitar a acción deste sindicato.

    CCOO lembra que o crédito horario sindical é un dos recursos máis importantes para a defensa dos dereitos das persoas traballadoras. Grazas a esta sentenza, o Concello ve frustrada a tentativa de limitar a acción sindical de CCOO en defensa dos empregados e empregadas municipais.