Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 16 Abril 2024.

Axudas á conciliación da vida familiar e laboral, por redución da xornada de traballo como medida de fomento da conciliación e corresponsabilidade

    O Gabinete de Igualdade do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia, na súa función divulgadora e sensibilizadora en materia de igualdade laboral, publica este resumo dos puntos clave das bases reguladoras das axudas que promove a Consellería de Emprego e Igualdade para a con­ciliación da vida persoal, familiar e laboral das persoas traballadoras que reduzan a súa xor­nada de traballo como medida de fomento da conciliación e corrresponsabilidade no 2022 en Galicia.

    29/08/2022.
    Foto: Pixabay

    Foto: Pixabay

    Esta resolución establece as bases reguladoras e a convocatoria das axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para as persoas traba­lladoras e as familias monoparentais que, entre o 1 de xullo de 2021 e o 31 de xullo de 2022, ambos os dous inclusive, teñan unha situación de redución da súa xornada de traballo para o coidado de fillos e fillas, sempre que se cumpran os requisitos e condicións.

    A redución de xornada terá que ser de, polo menos, o 12,5 % da xornada.

    Con estas axudas preténdese acadar a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, incen­tivando especificamente a conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para os traballadores que se acollan á redución da súa xornada de traballo.

    No documento anexo tes máis información sobre as persoas beneficiarias e os requisitos para unhas axudas que oscilan entre os 1700 e os 3700 euros.

    O prazo de presentación das solicitudes é dun mes contado a partir do 27 de agosto do 2022. As solicitudes deberanse presentar obrigatoriamente na sede electrónica da Xunta.