Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 23 Abril 2024.

En Galicia aboáronse no mes de xullo 19.026 prestacións de ingreso mínimo vital

    Segundo os últimos datos publicados no mes de xullo aboáranse en Galicia 19.026 prestacións que beneficiaban a 46.428 persoas

    05/08/2022.
    INGRESO MÍNIMO VITAL

    INGRESO MÍNIMO VITAL

    Como CCOO sinala ao longo do INFORME, o número de persoas titulares do INGRESO MÍNIMO VITAL en xuño de 2022 era de 19.026 e a contía media por fogar de 507,32 euros e que o número de persoas beneficiarias experimentara un notable incremento no último ano como consecuencia das medidas de flexibilización introducidas no 2021 e que entraron en vigor neste ano. 

    Aínda así, estamos a falar de que unhas 25.000 percibirían rendas de integración e que poderíamos estimar que se benefician das mesmas unhas 65.000 persoas; é dicir, tan só 11 de cada 100 persoas en risco de pobreza en Galicia ten unha prestación. 

    Un informe recentemente publicado da Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal conclúe que o INGRESO MÍNIMO VITAL despregou só unha parte do seu potencial, pero ten percorrido para converterse nun instrumento máis potente na loita contra a pobreza. De feito en Galicia só chega a un 39% dos potenciais fogares beneficiarios e podería absorber o 78% das actuais prestacións da RISGA, o que liberaría recursos para atender tanto aos colectivos que quedan fora da cobertura do INGRESO MÍNIMO VITAL como outras necesidades sociais. 

    CCOO demanda máis flexibilidade nos requisitos, menos burocracia e, en consecuencia, máis orzamento son pasos imprescindibles se queremos reducir a pobreza e a exclusión social en Galicia. 

    Documentación asociada
    Documentación asociada