Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 29 Marzo 2024.

Axuda directa a persoas físicas de baixo nivel de ingresos e patrimonio («cheque 200 euros»)

    A Secretaría de Emprego, Política Social e Políticas Públicas de Protección de CCOO informa dos requisitos para obter a axuda directa a persoas físicas de baixo nivel de ingresos e patrimonio que recentemente aprobou o Goberno do Estado.

    08/07/2022.
    Axuda directa a persoas físicas de baixo nivel de ingresos e patrimonio

    Axuda directa a persoas físicas de baixo nivel de ingresos e patrimonio

    O cheque consiste nun pagamento único de 200 euros ás persoas físicas de baixo nivel de ingresos, co fin de paliar o efecto prexudicial nos prezos ocasionado pola crise enerxética derivada da invasión de Ucraína.

    Poden solicitar esta axuda as persoas físicas que actualmente estean dadas de alta na Seguridade Social como traballadores a conta propia ou allea, así como as desempregados inscritas na oficina de emprego, reciban ou non o subsidio por desemprego que en 2021 tiveran ingresos inferiores a 14.000 euros e un patrimonio inferior a 43.196,40 euros. 

    O cómputo de ingresos e de patrimonio efectuarase de maneira conxunta, considerando todas as persoas que residan coa persoa beneficiaria nun mesmo domicilio a data 1 de xaneiro de 2022.

    As persoas beneficiarias deben ter residencia legal e efectiva en España na data de entrada en vigor do real decreto-lei e tela de forma continuada e ininterrompida durante polo menos o ano inmediatamente anterior á devandita data.

    Prazo de solicitude

    A solicitude presentarase na sede electrónica da Axencia Estatal de Administración Tributaria, enchendo o formulario electrónico que para ese efecto se poña a disposición(*) pola mesma até o 30 de setembro de 2022, e no que, necesariamente, deberá figurar a conta bancaria na que se desexe que se realice o abono.

    Máis información

    Folla informativa e vídeo divulgativo da Axencia Tributaria sobre este trámite

    Ligazón web ao formulario para solicitar a axuda

    Folla explicativa de CCOO resumindo os principais requisitos