Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 28 Marzo 2024.

CCOO condena o masacre na fronteira de Melilla

    A Comisión Executiva Confederal de CCOO aprobou unha resolucion na que condena enerxicamente o masacre producido na fronteira de Melilla o pasado 24 de xuño e que lles custou a vida a un gran número de persoas.

    28/06/2022.
    Valo de Melilla | Foto: Wikimedia Commons

    Valo de Melilla | Foto: Wikimedia Commons

    CCOO chama a atención sobre o «maltrato policial», o «desprezo pola dignidade das persoas» e a «deshumanización» que se viviu o 24 de xuño na fronteira hispano-marroquí. Este suceso debe ser respondido «decontado coa contundencia que a gravidade dos feitos merece», subliña o sindicato.

    Para a Executiva Confederal de CCOO é «inaceptable» a reacción do presidente do Goberno de España, felicitando as autoridades marroquís. «O interese xeoestratéxico con Marrocos, un país que non é unha democracia e non respecta os dereitos humanos, non pode servir para xustificar, en ningún caso, un masacre como o de Melilla».

    A resolución confederal conclúe esixindo unha política migratoria e de asilo que «poña no centro» os dereitos humanos das persoas «que se ven obrigadas a migrar por motivos económicos ou que foxen para salvaren as súas vidas».