Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 16 Abril 2024.

CCOO reclámalle ao Goberno de España salarios dignos para as empregadas e empregados públicos

    A Área Pública estatal de CCOO reclámalle ao Goberno de España salarios dignos para as empregadas e empregados públicos. «Estamos fartos de agardar», sinalan, ao tempo que esixen a negociación dun novo acordo salarial e de condicións de traballo que garanta o poder adquisitivo, derrogue os decretos de recortes de dereitos do período 2010-12 e mellore substancialmente as condicións de traballo no sector público.

    22/06/2022.
    Cómpre recuperar todos os dereitos laborais e salariais no sector público

    Cómpre recuperar todos os dereitos laborais e salariais no sector público

    En caso contrario, CCOO intensificará as mobilizacións, sen desbotar ningunha medida de presión, incluída a folga.

    Pacto polos salarios

    O pasado mes de maio, o Goberno central comprometeuse cos sindicatos da función pública a convocar a mesa de negociación para chegar a un novo acordo en materia salarial e de mellora das condicións de traballo, pero non houbo novidades ata o momento.

    A Área Pública de CCOO sinala que as «empregadas e empregados públicos, unha vez máis, demostramos na crise da covid a profesionalidade e entrega no noso labor como servidoras e servidores públicos, polo que non imos permitir que se menosprece o noso traballo».

    CCOO non vai permitir a constante perda de poder adquisitivo —14 anos xa sen actualización dos salarios para o persoal do servizo exterior—, polo que reclama «xa» un pacto polos salarios.

    Outras materias pendentes de negociar

    Alén do capítulo salarial, hai outras materias comprometidas que deben negociarse, entre outras: o desenvolvemento do Estatuto básico do empregado público (EBEP); o Estatuto marco; a Lei de función pública da Administración xeral do Estado; o cambio normativo en materia de igualdade; a carreira, promoción e clasificación profesional; a xornada de 35 horas; a eliminación da taxa de reposición e un plan de emprego para o rexuvenecemento dos cadros de persoal; a xubilación anticipada; o recoñecemento do sector público empresarial; a revisión das indemnizacións por razón de servizo ou de residencia, ou as melloras de haberes reguladores de clases pasivas.