Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 29 Marzo 2024.

CCOO pedirá revisar as condicións en que se desenvolven os traballos de montaxe do Son do Camiño

    Comisións Obreiras dirixirase á autoridade laboral co obxectivo de que se revisen as condicións en que se desenvolven os traballos de montaxe do festival O Son do Camiño, tras producirse hoxe un accidente que implicou a, polo menos, unha vintena de traballadores, segundo as primeiras informacións.

    10/06/2022.
    O sinistro mobilizou numerosos medios de emerxencias. Na fotografía, camión de bombeiros no barrio compostelán de San Lázaro

    O sinistro mobilizou numerosos medios de emerxencias. Na fotografía, camión de bombeiros no barrio compostelán de San Lázaro

    O sindicato agarda que o accidente se salde unicamente con feridos e que a súa recuperación sexa rápida e total. «A saúde de todos os traballadores e traballadoras é a nosa principal preocupación nestes momentos», apuntan desde CCOO.

    CCOO está en contacto cos corpos de emerxencias e neste momento cónstalle —a través de Bombeiros de Santiago— que nas instalacións en que terá lugar o festival había unha persoa atrapada; sen que se teña información sobre a gravidade das súas lesións. Así mesmo, ten confirmación de que polo menos catro traballadores en total foron derivados ás urxencias hospitalarias.

    Por último, o sindicato ponse a disposición dos traballadores e traballadoras para calquera tipo de asesoramento laboral ou xestión que precisen en defensa dos seus dereitos.