Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 19 Abril 2024.

Éxito rotundo da folga en Correos, cun seguimento do 90% e 20.000 persoas percorrendo as rúas de Madrid

    No Congreso dos Deputados os manifestantes recibiron o apoio e a solidariedade de representantes dos grupos parlamentarios do Congreso de ERC, Compromís, PP, UP, cunha sonora ausencia do PSOE.

    01/06/2022.

    URL | Código para insertar

    No primeiro día de folga en Correos convocada por CCOO e UXT, cun seguimento do 90% do persoal, éxito rotundo da marea amarela postal que asolagou as rúas de Madrid con 20.000 traballadores/as de toda España e que desembocou ante o Congreso dos Deputados para protestar contra o desmantelamento do Correo Público por parte do Goberno

    Paralizando dos grandes centros de traballo.

    A folga xeral que comezou na quenda de noite paralizando os grandes centros postais de Correos culminou a súa primeira xornada cun éxito rotundo de seguimento (un 90% do persoal, máis de 42 mil traballadores/ as) e de participación multitudinaria na manifestación postal duns 20.000 persoa, desprazados desde todos os recunchos do país, para protestar contra o desmantelamento postal por parte do goberno. 

    Manifestación, finalización Congreso Diputados.

    A manifestación partiu desde a emblemática praza de Callao na Gran Vía, discorrendo polas rúas de Madrid e enchendo de cor amarela (postal) o centro da capital, finalizando o percorrido no Congreso dos Deputados, onde catro traballadores e traballadoras das principais categorías laborais de Correos (repartición urbana e rural, axentes de centros de tratamento e persoal de oficinas), explicaron a deterioración, abandono, incerteza e precariedade laboral instauradas na maior empresa pública do país. 

    No Congreso dos Deputados os traballadores e traballadoras de Correos que se manifestaban recibiron o apoio e a solidariedade de distintos representantes dos grupos parlamentarios do Partido Popular, ERC, Compromís e Unidas Podemos, aos que trasladaron a súa preocupación pola difícil situación que está a atravesar a empresa postal con máis de 300 anos de historia. 

    As organizacións sindicais maioritarias de Correos, CCOO e UXT, con máis do 70% de representación, manifestaron que continuarán coas mobilizacións programadas para os días 2 e 3 de xuño nas principais capitais de provincia do país para esixir un modelo postal público de país avalado polo conxunto da sociedade, que garanta o carácter público e social do servizo postal público que chega a todos os recunchos do Estado e da España baleirada, á vez que presta servizos das administracións de interese económico social con financiamento público suficiente e con investimentos para a súa modernización, diversificación e internacionalización que a fagan sostible económica e socialmente para prestar un servizo de calidade á cidadanía do país. 

    A foga continua.

    CCOO e UXT continuarán coas mobilizacións o día 2 e 3 de xuño con concentracións nas principais capitais de provincia do país para esixir un modelo postal público de país, moderno e competitivo, avalado polo conxunto da sociedade e a paralización radical do actual plan de desmantelamento do correo público do noso país, que está nunha das fases máis críticas da súa historia pola nefasta xestión do actual presidente de Correos, Juan Manuel Serrano, que conta inexplicablemente co aval do actual Goberno de coalición.

    Ante o éxito sen paliativos da marea amarela postal que fixo unha emenda á totalidade do plan estratéxico de Correos, é evidente que o Goberno ha de mover ficha se non quere ter un custo social e político impredicible. 

    Ligazóns: