Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 24 Abril 2024.

Urbaser despide como represalia polas mobilizacións do persoal de Santiago de Compostela

    O comité de empresa de Urbaser en Santiago de Compostela, conformado por CCOO e CIG, denuncia que a empresa está a realizar despedimentos como represalia polas mobilizacións dos traballadores e das traballadoras en defensa do seu convenio. Os sindicatos esixen a readmisión, por non haber motivo ningún para botar uns traballadores con catro anos de antigüidade.

    20/05/2022.
    Manifestación do persoal de Urbaser en Santiago de Compostela

    Manifestación do persoal de Urbaser en Santiago de Compostela

    A pasada semana, o persoal levou as súas reivindicacións ao Concello de Santiago, onde tamén informou sobre os incumprimentos dos acordos da concesionaria para renovar o persoal eventual. Nos próximos días haberá novas mobilizacións para esixir a reincorporación dos despedidos, e non descartan convocar folga.