Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 28 Marzo 2024.

A retirada das máscaras nos centros de traballo deberase facer de conformidade cos comités de seguridade e saúde

    O secretario de Saúde Laboral do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia, Armando Iglesias, interveu esta mañá no programa 'Bos Días' da TVG para analizar o escenario que se dará a partir do mércores coa posibilidade de retirar as máscaras en interiores.

    19/04/2022.
    Intervención do secretario de Saúde Laboral de CCOO, Armando Iglesias, na TVG

    Intervención do secretario de Saúde Laboral de CCOO, Armando Iglesias, na TVG

    Á espera de coñecer o texto definitivo, o sindicalista advertiu que se deberán seguir, en primeiro lugar, «as indicacións das autoridades sanitarias».

    Canto aos centros de traballo, deberanse reunir os comités de seguridade e saúde coa dirección da empresa e cos servizos de prevención, «para valorar a situación de cada empresa e analizar os posibles riscos».

    Iglesias amosou a súa preocupación pola situación nas pequenas empresas que non contan con representación sindical. Para estes casos, expresou que CCOO está a disposición dos traballadores e traballadoras para defender os seus intereses.

    Finalmente, no relativo á liberdade individual para continuar usando máscara ou non, o secretario de Saúde Laboral de CCOO explicou que a posibilidade de retirar a máscara en espazos interiores non é unha obriga. «Calquera traballador ou traballadora, se así o decide, pódea seguir levando», incluso nos casos en que a recomendación da empresa sexa retirala. Non acontece o mesmo en caso contrario, onde a empresa determine que se debe seguir levando. Nestes supostos, «decidir non levala podería expoñer esa persoa a unha sanción».