Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 24 Abril 2024.

CCOO celebra a ratificación do Convenio 188 da OIT para mellorar as condicións no sector pesqueiro

    O Congreso dos Deputados aprobou por unanimidade ratificar o Convenio 188 da Organización Internacional do Traballo (OIT) sobre o traballo no sector pesqueiro. CCOO congratúlase por este feito, que converte o español no vixésimo primeiro Estado en ratificar o dito convenio, que data xa do 2007.

    08/04/2022.
    Barco pesqueiro | Foto: kkortmulder (Pixabay)

    Barco pesqueiro | Foto: kkortmulder (Pixabay)

    CCOO lembra que o camiño para chegar a esta data histórica non foi doado, pois houbo primeiro que agardar ao 2012 para que houbera acordo entre sindicatos e organizacións empresariais de ámbito europeo para promover a ratificación deste convenio. Posteriormente, no 2020 aprobouse o Real decreto lei para a transposición á lexislación española do contido dese convenio, agora por fin ratificado.

    En opinión de CCOO, a ratificación do Convenio 188 por parte dun país líder europeo no sector pesqueiro deberá servir para que a Unión Europea revise os mecanismos que actualmente favorecen e privilexian as importacións de peixe barato, maioritariamente procedente de frotas de países que non cumpren cos requisitos esixidos á pesca comunitaria, non só en sustentabilidade ambiental, senón tamén en materia laboral.