Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 23 Abril 2024.

Ampliación dos subsidios por desemprego no contrato fixo descontinuo

    A Secretaría de Emprego de CCOO edita un tríptico informativo sobre a ampliación dos subsidios por desemprego no contrato fixo descontinuo.

    30/03/2022.
    A reforma laboral acordada por CCOO gaña novos dereitos para o persoal fixo descontinuo

    A reforma laboral acordada por CCOO gaña novos dereitos para o persoal fixo descontinuo

    Este tríptico resume a información máis relevante sobre os requisitos, a contía e a duración —atendendo á idade e situación familiar.

    CCOO lembra que dentro deste subsidio hai tres modalidades:

    — Por esgotamento da prestación contributiva

    — Por perda de emprego

    — Para maiores de 52 anos

    Un logro da reforma laboral

    A reforma laboral, amais de mellorar a estabilidade do emprego mediante a xeneralización do contrato indefinido e fixo descontinuo, tamén aumenta os dereitos de protección por desemprego das persoas fixas descontinuas. Agora, as persoas traballadoras fixas descontinuas poden acceder aos novos subsidios ampliados de desemprego.

    Coa aprobación da reforma laboral acordada por CCOO, agora as traballadoras e traballadores fixos descontinuos amplían a duración dos seus subsidios por desemprego e recoñécese o dereito ao subsidio demaiores de 52 anos. A protección por desemprego das persoas fixas descontinuas equipárase así completamente á que ten o resto de traballadores e traballadoras e corríxese a discriminación histórica que sufrían.