Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 29 Marzo 2024.

A dirección de CCOO visita o Concello de Ferrol como parte dos actos de celebración do 10 de marzo

    Vídeo da visita ao Concello de Ferrol do secretario xeral de CCOO, Unai Sordo, e Amelia Pérez, secretaria xeral do Sindicato Nacional de CCOO Galicia.

    11/03/2022.

    URL | Código para insertar

    Logo da celebración da manifestación da militancia de CCOO no 50 aniversario do 10 de marzo e a ofrenda floral diante do monumento que lembra os feitos, a delegación de CCOO desprazouse ao Palacio Municipal donde foron recibidos polo alcalde de Ferrol, Ángel Mato, e concelleiros e concelleiras da corporación municipal.

    A numerosa representación de CCOO neste 10 de marzo e que participou na recepción estivo encabezada por Unai Sordo xunto á secretaria do Sindicato Nacional de CCOO Galicia, Amelia Pérez, o secretario de CCOO Ferrol, José Hurtado, o secretario confederal de Organización e Extensión Sindical de CCOO, Agustín Martín, e Garbiñe Espejo, secretaria xeral da Federación Estatal de Industria de CCOO.