Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 24 Abril 2024.

O persoal de Alu Ibérica esíxelles ás Administracións que traballen nunha solución e censura o silencio do Ministerio de Industria

    Este xoves pola mañá tivo lugar na Coruña unha asemblea de traballadores para tratar a «crítica» situación en Alu Ibérica. Tamén se debateu a necesidade de incrementar as mobilizacións ante a «pasividade e abandono» por parte das Administracións.

    27/01/2022.
    Concentración dos traballadores de Alu Ibérica

    Concentración dos traballadores de Alu Ibérica

    Desde o comité de empresa instan os poderes públicos a traballaren por unha solución industrial que garante o futuro do emprego nunha compañía que actualmente está en concurso de acredores.

    Ao remate da asemblea, o persoal decidiu concentrarse na avenida de Alfonso Molina e cortar o tráfico en sinal de protesta polo silencio do Ministerio de Industria, que non deu resposta á petición de reunión que estaba apalabrada para esta semana.