Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 25 Abril 2024.

CCOO, a través dos seus servizos xurídicos, volve conseguir que se respecten os dereitos das traballadoras e traballadores

    A factoría de Eólicos GRI Towers Galicia, coa planta localizada no Polígono da Uceira (O Carballiño), condenada por vulnerar o dereito á liberdade sindical dun traballador afiliado a CCOO.

    15/01/2022.
    Despido nulo GRI TOWERS GALICIA

    Despido nulo GRI TOWERS GALICIA

    Unha importante sentenza na Unión Intercomarcal de Ourense-Valdeorras amosa o compromiso deste sindicato coa clase traballadora. Dálle a razón aos servizos xurídicos do sindicato na súa demanda por despedimento nulo e vulneración de dereitos fundamentais contra a Gri Towers Galicia (no Carballiño) polo despedimento dun traballador afiliado a CCOO.

    A sentenza considera que o despedimento é nulo ao quedar probado que se trata dunha represalia ao traballador pola a súa afiliación ao sindicato e a súa pretensión de ir na candidatura por CCOO Industria nas vindeiras eleccións sindicais.

    Unha vez máis, a xustiza dálles a razón aos delegados da Sección Sindical de CCOO vítimas deste forte acoso por parte da empresa Gri Towers Galicia. Ademais de declarar nulo o despedimento, deberá aboarlle ao afectado unha indemnización por danos e perdas máis os salarios de tramitación.

    Pola súa banda, CCOO Industria de Ourense segue a denunciar que a sección sindical é obxecto de continuas represalias por alertar das graves irregularidades en materia de riscos laborais, polo incumprimento dos acordos acadados previamente coa empresa e asinados no Consello de RRLL de Galicia e pola negativa da empresa a calquera tipo de negociación. Estas actuacións obrigan a recorrer decontino á vía xudicial. Neste momento están pendentes varias causas pola represión sindical á que é sometida a sección sindical de CCOO na empresa.

    Non é a primeira: O xulgado declara nulo o despedimento dun candidato de CCOO nas eleccións sindicais en GRI TOWERS SEVILLA .