Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 28 Marzo 2024.

CCOO vixiará o cumprimento do plan de investimentos e as garantías de emprego, tras o acordo ratificado pola maioría do persoal en Alcoa-Cervo (Lugo)

    Tras a última proposta ratificada en referendo, o sindicato velará polo cumprimento íntegro dos compromisos alcanzados.

    30/12/2021.
    Manifestación persoal de Alcoa-Cervo (Lugo)

    Manifestación persoal de Alcoa-Cervo (Lugo)

    O plan de investimentos de máis de 100 millóns de Euros que garanten a viabilidade da planta máis aló destes anos de parada dunha parte da actividade, as garantías de emprego e de condicións laborais do persoal e das empresas subcontratadas, determinan o inicio dunha etapa que desde CCOO Industria entendemos é un punto de inflexión tras anos de incerteza e de loita do persoal.

    Agora toca estar máis atentos que nunca, non baixar a garda e espremer ao máximo a comisión paritaria de seguimento que conforman os representantes do persoal, a representación da empresa, o Goberno e a Xunta. 

    O acordo alcanzado necesita deste control, xa que os investimentos comprometidos e as condicións laborais que se alcanzaron para este tránsito de dous anos, con garantía de non ERES ata final de 2025, de mantemento dos contratos coas subcontratas de tres anos,  dun plan de formación nos dous anos de parada da electrólise, máis a vixilancia dos acordos ou preacordos para a subministración eléctrica que se logren neste período, necesitan como diciamos dun grao de seguimento exhaustivo.

    É vital para CCOO Industria a participación nun proceso de vixilancia e control, que co vivido nestes anos, esperamos leve ao final que o persoal coa súa loita merécese e demostrou estar en condicións de defender, que non é outro que o futuro da planta de San  Ciprián.

    Por tanto máis aló das auto felicitacións que agora se fagan as partes, CCOO Industria anticipa que non baixaremos a garda e velaremos polo futuro de centenares de familias, e isto farémolo na mesa de vixilancia, nos despachos institucionais e nas rúas se fose necesario.