Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 25 Abril 2024.

A secretaria xeral do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia, participou nunha actividade formativa na Coruña.

    Amelia Pérez Álvarez, deu unha charla formativa na ERLAC.

    18/12/2021.
    Amelia Pérez na Charla na ERLAC

    Amelia Pérez na Charla na ERLAC

    Un ano mais CCOO se achega A Coruña para participar de novo na Escola Universitaria de Relacións Laborais. Alí, a Secretaría Xeral de CCOO de Galicia desenvolveu diante dos alumnos e alumnas do Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos de ERLAC, a importancia dás organizacións sindicais de clase no noso País. 

    A Fundación Escola Universitaria de Relacións Laborais da Coruña é un centro de formación, adscrito á Universidade da Coruña cuxo obxecto fundamental é a promoción, sostemento e funcionamento dun Centro Universitario en Ciencias do Traballo, Recursos Humanos e Relacións Laborais. O obxectivo do Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos é formar a expertos no ámbito da organización do traballo, a xestión dos recursos humanos, lexislación laboral e facenda pública, así como xestores de políticas sociais, en definitiva, profesionais que se insiran nun equipo multidisciplinar, con polivalencia funcional e capacidade de adaptación ás novas tecnoloxías co fin de dar resposta aos novos desafíos do mundo do traballo.

     Amelía Pérez explicou, desde a actualidade e o protagonismo que vén exercendo CCOO como primeiro sindicato e organización social de España, a importancia e como actúa a nosa Organización. Fixo un repaso do Presente e o Futuro das Relacións Laborais, que ten que pasar por unha mellora indiscutible na contratación, na estabilidade laboral e na derrogación de aspectos das reformas laborais aprobadas nos últimos anos. 

    «Nestos tempos que non son doados, aí que por o factor traballo no centro das políticas como elemento vertebrador e de cohexión social», apuntou Pérez, ao tempo que pouso en valor que a saída da situación económica-sanitaria sexa xusta, social e sostible, porque as desigualdades «son o maior disolvente da democracia».