Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 20 Abril 2024.

Primeiro obxectivo cumprido: “Grazas á mobilización, o Ministerio de Industria acepta convocar á mesa do auto”

    O sector da Automoción de CCOO de Galicia participou nunha concentración fronte ao Ministerio de Industria para esixir futuro para esta rama de actividade. 

    22/11/2021.
    Concentración en Madrid fronte á sede do Ministerio de Industria para defender o futuro da automoción

    Concentración en Madrid fronte á sede do Ministerio de Industria para defender o futuro da automoción

    A mobilización conseguiu que, en breve, sindicatos, patronal e ministerio sentense a analizar o que está a ocorrer nun sector do que comen tres millóns de traballadores e traballadoras e que achega o 10% do PIB. Para CCOO de Industria é urxente abordar os estragos que a crise dos semiconductores, o aprovisionamento de materias primas, os problemas loxísticos e a electrificación da mobilidade están provocado no auto.

    Para facilitar a participación, de madrugada partiu un autobús desde Vigo, que posteriormente recolleu máis compañeiros e compañeiras en Ourense. Xa na capital do Estado, sumáronse á protesta diante da sede ministerial, no paseo da Castellana.

    CCOO-Industria leva tempo esixíndolle ao Goberno, entre outras medidas, que habilite mecanismos que permitan activar expedientes temporais de regulación de emprego. Ás empresas esíxelles que se comprometan a manter os postos de traballo mentres dure o que se coñece como «tormenta perfecta» que ameaza o automóbil.

    O sindicato advirte de que se non hai avances, as mobilizacións serán cada vez máis intensas. Lembra que urxe parar a sangría. Xa perderon o seu emprego quince mil persoas desde o verán