Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 28 Marzo 2024.

CCOO e UGT rexeitan a «ameaza» da CIG de deixar sen calendario laboral o sector da construción da Coruña

    COO do Hábitat e FICA-UGT rexeitan a «ameaza» da CIG de deixar sen calendario laboral o sector da construción da Coruña. Ambas as dúas organizacións asinaron coa patronal APECCO un acordo que garante 25 días adicionais de descanso para as traballadoras e traballadores do ámbito, pero que a central nacionalista quere invalidar.

    11/11/2021.
    Edificio en construción

    Edificio en construción

    Alejandra Gesto, secretaria xeral de CCOO do Hábitat, e Jairo Ares, secretario comarcal de FICA-UGT da Coruña e Cee, sinalan que resulta «sorprendente» a postura da CIG, malia existir unha «análise compartida» de que o descanso é «fundamental para a prevención de accidentes laborais».

    Desde CCOO e UGT defenden que o sector da construción debe contar con «seguridade xurídica» e lamentan a «dobre moral» da CIG. Poñen como exemplo que os nacionalistas asinaron en solitario o calendario 2022 do sector da pintura, cunha xornada moi superior á da construción.