Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 19 Abril 2024.

Pensionistas de CCOO mobilizáronse en defensa dunha atención primaria de calidade e accesible ás persoas maiores

    A Federación de Pensionistas e Xubilados de CCOO de Galicia (FPX-CCOO) convocou esta semana concentracións en defensa dunha atención primaria de calidade e accesible ás persoas maiores.

    29/10/2021.
    Concentracións da FPX-CCOO en defensa da atención primaria de calidade e accesible ás persoas maiores

    Concentracións da FPX-CCOO en defensa da atención primaria de calidade e accesible ás persoas maiores

    Reclaman a reversión dos recortes que lastraron durante os últimos anos «a principal porta de acceso á sanidade pública» e esixen medidas para que sexa máis accesible para as persoas maiores, «que non sempre teñen medios ou capacidades para as xestións telemáticas».

    Entre outras medidas, a FPX-CCOO pide o aumento do orzamento destinado á sanidade pública, paralizar o peche de centros e a reapertura dos que foron pechados, recuperar a accesibilidade e a atención presencial, restablecer a capacidade dos centros de saúde (respectando os protocolos covid) ou reforzar a atención primaria con novas categorías profesionais para descargar a medicina de familia.

    Máis información no manifesto elaborado pola Federación de Pensionistas de CCOO, que podes ler aquí ou na ligazón anexa a esta nota informativa.