Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 28 Marzo 2024.

Reunión entre as executivas do Sindicato Nacional de CCOO e a Federación e Pensionistas de Xubilados

    Hoxe reuníronse en Santiago de Compostela membros das executivas do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia e da Federación de Pensionistas e Xubilados, un encontro que se encadra na rolda de xuntanzas entre a nova dirección nacional e as distintas organizacións que compoñen as Comisións Obreiras de Galicia.

    15/10/2021.
    Reunión entre a Comisión Executiva Nacional de CCOO e a dirección da Federación de Pensionistas e Xubilados

    Reunión entre a Comisión Executiva Nacional de CCOO e a dirección da Federación de Pensionistas e Xubilados

    Neste encontro tratáronse diferentes cuestións de especial interese para a poboación que representa a Federación de Pensionistas e Xubilados de CCOO de Galicia, como a situación da sanidade pública, o modelo de residencias de maiores, a suba descontrolada dos prezos da luz e impacto do peche de sucursais bancarias (especialmente no rural) entre a poboación de máis idade —que se atopa tamén co problema engadido da fenda dixital.