Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 28 Marzo 2024.

CCOO advírtelles aos fascistas que «non pasarán»

  • Amelia Pérez, secretaria xeral de CCOO: «Os Estados de dereito teñen que combater o fascismo con todos os seus recursos»

CCOO mobilízase hoxe en solidariedade co sindicato italiano CGIL e contra o fascismo, convocando concentracións diante de todas as súas sedes en Galicia e no resto do Estado.

15/10/2021.

URL | Código para insertar

O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia condena enerxicamente o asalto o pasado sábado en Roma contra a sede do sindicato CGIL, perpetrado por militantes da extrema dereita e do movemento antivacinas NoVax.

CCOO transmítelle a súa solidariedade incondicional á CGIL, organización coa que mantén fraternos lazos de amizade desde hai décadas. Para o sindicato, as mensaxes de odio contra a CGIL e contra os seus dirixentes lembran perigosamente os ataques do fascismo italiano dos anos vinte do século pasado, que rexorde agora da man do negacionismo antivacinas, inimigo do certificado de vacinación para traballar.

Desde o comezo da pandemia, que foi especialmente intensa en Italia, a CGIL actuou de xeito responsable para garantir o dereito á saúde das persoas traballadoras. Nesta liña, acordouse que a partir do 15 de outubro sexa necesario presentar un certificado (green pass) para acceder ao lugar de traballo.

Na concentración de Santiago de Compostela, a secretaria xeral de CCOO, Amelia Pérez, lembra que «os Estados de dereito teñen que combater o fascismo con todos os seus recursos».

Ligazóns relacionadas
Ligazóns relacionadas