Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 29 Marzo 2024.

A SANIDADE NON SE VENDE

    CCOO agradece os milleiros de persoas que ateigaron as rúas de Vigo en defensa da sanidade pública. 

    09/10/2021.

    URL | Código para insertar

    Convocadas pola xunta de persoal da área sanitaria viguesa, esixiron máis recursos, especialmente no tocante á atención primaria, que é a porta de entrada ao sistema sanitario público

    Baixo o lema A SANIDADE NON SE VENDE. A SANIDADE DEFÉNDESE, a secretaria xeral do sindicato nacional CCOO, Amelia Pérez, situou as accións sindicais en materia de saúde pública como unha das prioridades de toda a organización.