Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 28 Marzo 2024.

Asinado o convenio de limpeza de edificios da provincia da Coruña

    O xoves asinouse na Coruña o convenio provincial de limpeza de edificios, que regula as condicións laborais dunhas dez mil persoas, a maioría mulleres. Malia que o documento non satisfai todas as expectativas de CCOO do Hábitat, o sindicato rubricou o texto xa que esa foi a vontade expresada pola maioría das traballadoras e traballadores nas asembleas que tiveron lugar a comezos de mes.

    24/09/2021.

    O novo convenio renuncia a subas salariais no 2020 e fixa incrementos do 1,7 % neste ano 2021, do 1,6 % no 2022 e novamente do 1,7 % no 2023. Así mesmo, terase en conta o IPC negativo do 2020 (-0,5 %) e, se a suma dos IPC reais do período 2020-2023 for superior aos incrementos pactados, aplicarase unha revisión desde o 1 de xaneiro do 2024. Por último, retírase o conflito colectivo para reclamar o cobramento íntegro do complemento de transporte, dereito que non se poderá volver reclamar durante a vixencia do convenio.

    Desde CCOO do Hábitat amosan o seu «claro e merecido recoñecemento» aos traballadores e traballadoras «que ata o último momento apostaron por unhas mellores condicións laborais» durante os meses que durou o conflito no sector e anima a que se sigan implicando en futuras mobilizacións e a continuar reivindicando melloras laborais.