Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 25 Abril 2024.

CCOO organiza unha xornada sobre a economía circular e o emprego

    O próximo mércores, 29 de setembro, Comisións Obreiras (CCOO) organiza en Santiago de Compostela a xornada «Economía circular: oportunidades de emprego», que se poderá seguir presencialmente (ata completar a cabida) ou en liña.

    24/09/2021.
    A xornada poderase seguir presencialmente ata completar a cabida ou en liña

    A xornada poderase seguir presencialmente ata completar a cabida ou en liña

    Dará a benvida á xornada o secretario xeral de CCOO-Industria de Galicia, Víctor Ledo. A seguir, a secretaria xeral estatal de CCOO-Industria, Garbiñe Espejo, fará unha introdución sobre os retos sindicais, industriais e ambientais para os próximos anos.

    A continuación, terá lugar unha mesa redonda moderada por Francisco Méndez, secretario de Cambio de Modelo Produtivo e Sostibilidade de CCOO de Galicia. Relatoras e relatores do mundo empresarial, universidade e Xunta de Galicia tratarán cuestións como o aproveitamento de xurros e residuos gandeiros, o desenvolvemento rural, novas alternativas no ámbito da reciclaxe ou o hidróxeno verde.

    Após a rolda de preguntas, o xerente de ISTAS-CCOO, Vicente López, presentará un estudo sobre a xeración de emprego verde. A seguir, o secretario confederal de Medio Ambiente, Mariano Sanz, falará da transición ecolóxica nas empresas.

    Cara ao remate, Francisco Méndez presentará as principais conclusións desta xornada, que clausurará a secretaria xeral do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia, Amelia Pérez.