Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 28 Marzo 2024.

Axudas a persoas traballadoras afectadas por ERTE como consecuencia da covid

    CCOO edita unha folla informativa co resumo das axudas extraordinarias para as persoas traballadoras afectadas por ERTE como consecuencia da covid-19. A Orde, acordada con CCOO no ámbito do diálogo social de Galicia, foi publicada no Diario Oficial de Galicia hoxe, 23 de setembro.

    23/09/2021.
    O DOG publica hoxe as axudas extraordinarias para persoas afectadas por un ERTE por mor da covid-19

    O DOG publica hoxe as axudas extraordinarias para persoas afectadas por un ERTE por mor da covid-19

    Poderán beneficiarse destas axudas as persoas que reúnan os seguinte requisitos:

    — Persoas traballadoras por conta allea, incluídas as fixas descontinuas, ou socias traballadoras de sociedades laborais e de cooperativas de traballo asociado en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia que se viron afectadas por expedientes de regulación temporal de emprego a consecuencia da covid-19.

    — Que se encontren incluídas nun ERTE no período do 14 de marzo de 2020 ao 31 de xullo de 2021, ambos inclusive, ao menos 12 meses, aínda que sexa de maneira interrompida.

    — Que o importe de todos os rendementos declarados durante o período impositivo 2020 no imposto sobre a renda de persoas físicas non excedese de 14 000 euros.

    A contía da subvención consistirá nunha axuda de 500 euros por persoa beneficiaria, ata esgotar os fondos habilitados no orzamento previsto para este fin. As axudas recibidas ao abeiro desta orde non serán compatibles coas axudas ás persoas traballadoras afectadas por expedientes de regulación temporal de emprego (ERTE ETOP) de suspensión de contratos ou redución da xornada.