Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 23 Abril 2024.

«Menos é máis». CCOO demanda reducir as ratios de alumnado para un regreso seguro ás aulas

  • «Menos alumnado na clase é máis calidade do noso ensino», sinala a secretaria xeral de CCOO, Amelia Pérez

CCOO aposta por unha volta segura ás aulas no curso escolar 2021-2022 e por un ensino presencial, como garantía de calidade e de equidade do sistema educativo. Porén, este regreso debe facerse en condicións de seguridade, primando os criterios sanitarios e educativos fronte os económicos.

16/09/2021.

URL | Código para insertar

Nun vídeo divulgativo e reivindicativo realizado polo sindicato, Luz López e José Fuentes, da Federación do Ensino, critican os criterios seguidos pola Administración autonómica para este curso e salientan a importancia das baixas ratio nas aulas para unha atención ao alumnado.

«Menos alumnado na clase é máis calidade do noso ensino», incide a secretaria xeral de CCOO, Amelia Pérez, que coida «necesario e imprescindible» apostar polo estado do benestar e en particular polo ensino, «porque é o futuro do noso país».