Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 23 Abril 2024.

«Si crítico» ao convenio colectivo da limpeza de edificios da provincia da Coruña

  • CCOO do Hábitat expresa o seu «claro e merecido recoñecemento» aos traballadoras e traballadoras «que ata o último momento apostaron por unhas mellores condicións laborais»

O persoal do sector de limpeza de edificios da provincia da Coruña ratificou nas asembleas desta semana o novo convenio colectivo. Con todo, foi un «si crítico», apuntan desde CCOO do Hábitat, pois un de cada catro traballadores e traballadoras apostaba por manter aberto o conflito ao xulgar «insuficientes» os avances.

09/09/2021.
Á esquerda, asemblea na Coruña; á dereita, asemblea en Santiago de Compostela

Á esquerda, asemblea na Coruña; á dereita, asemblea en Santiago de Compostela

Por responsabilidade sindical e sectorial, CCOO do Hábitat respecta e acata a decisión do persoal, xa que esta negociación comezou no marco dunha unidade de acción sindical.

O novo convenio renuncia a subas salariais no 2020 e fixa incrementos do 1,7 % neste ano 2021, do 1,6 % no 2022 e novamente do 1,7 % no 2023. Así mesmo, terase en conta o IPC negativo do 2020 (-0,5 %) e, se a suma dos IPC reais do período 2020-2023 for superior aos incrementos pactados, aplicarase unha revisión desde o 1 de xaneiro do 2024. Por último, retírase o conflito colectivo para reclamar o cobramento íntegro do complemento de transporte, dereito que non se poderá volver reclamar durante a vixencia do convenio.

Desde CCOO do Hábitat amosan o seu «claro e merecido recoñecemento» aos traballadores e traballadoras «que ata o último momento apostaron por unhas mellores condicións laborais» e animan a que se sigan implicando en futuras mobilizacións.