Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 20 Abril 2024.

A CIG denuncia a subida salarial do persoal do Concello de A Estrada, porque supera o establecido polo Goberno Central.

    04/08/2021.
    A CIG DOS RECORTES

    A CIG DOS RECORTES

    O Secretario da U.C. de CIG Pontevedra tamén promoveu un recurso ante o concello que pide a anulación da RPT por “ transgresión dos limites legais retributivos previstos e porque podería causar perxuizos de imposible reparación ás arcas municipais”

    Primeiro foi un escrito presentado na Subdelegación por afiliados/as da CIG o 18 de xuño, no que solicitan “ a declaración de anulación do acordo plenario do concello de A Estrada, relativo á aprobación da relación de postos de traballo (RPT)” baseándose en que a RPT aprobada supera os límites económicos establecidos polo Goberno para o incremento das retribucions dos empregados públicos.

    A continuación o Secretario Xeral Comarcal de Pontevedra, Marcos Conde Farto presentou o 20 de xullo, un Recurso de Reposición ante o concello, solicitando a suspensión cautelar da aplicación da RPT e a negociación dunha nova RPT. O recurso pretende que non se “ propicie a adquisición de facultades ou dereitos retributivos por parte dos traballadores, por carecer dos requisitos esenciais para iso ( transgresión dos límites e normas orzamentarios, quebranto dos límites legais retributivos previstos para o complemento específico dos postos de traballo…), e porque “ a sua execución podería causar perxuizos de imposible ou difícil reparación ás arcas municipais……,co risco de desestabilizar estructuralmente o propio orzamento municipal para varios anos…

    Que un sindicato que se dí de clase, presente denuncia ante a Subdelegación par impedir que incrementen o seu salario os empregados públicos do concello de A Estrada, que son dos peores retribuidos da Galicia, e que o propio Secretario Xeral de CIG Pontevedra intente que non se aplique a RPT, porque a mesma,“ podería causar perxuizos de imposible ou difícil reparación ás arcas municipais “, constituien actuacions dunha gravidade extrema e un auténtico atentado contra o dereito á negociación colectiva e os dereitos mais básicos dos empregados públicos, que esixen unha rectificación inmediata da Confederación Intersindical Galega, porque de non ser así estaría a propia central sindical asumindo como propias, prácticas de esquirolaxe sindical, de defensa activa dos recortes salariais aos empregados público, que como sindicato dín combater e, polo tanto, traicionando os principios básicos do sindicalismo de clase.

    A CIG esquece agora o que publicaba o 21/04/2021 sobre a aprobación da RPT: “Ao mesmo tempo, dende a CIG-Administración advirten que é posíbel que coa súa entrada en vigor o persoal perda cartos “porque non coñecemos o valor do punto”. Lembran que a representación da CIG esixía que o punto valese 20 euros dende o primeiro día. Con todo, a RPT foi aprobada onte en comisión informativa cos grupos políticos grazas á maioría do PP”. 

    Estas actuacions sendo xa de por sí moi graves, complementanse cun plus de absoluta e absurda prepotencia, cando a CIG reclama a negociación dunha nova RPT que xa foi solventada en sentenza firme polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestimando a súa pretensión, e denuncia que é ilegal o RPT e pode xerar perxuizos de imposible ou difícil reparación ás arcas municipais, si non se acorda o que eles din nunha clara intención de supremacía sindical que non teñen o polos menos os/as traballadores/as non lle deron.

    Documentación asociada
    Documentación asociada