Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 28 Marzo 2024.

CCOO asina o convenio do siderometal de Ourense, que dá cobertura a case catro mil traballadores e traballadoras

    A Federación de Industria de CCOO, a UGT e a patronal CEO asinan o convenio do siderometal da provincia de Ourense, que regula as condicións laborais de case catro mil traballadores e traballadoras. CCOO defende o asinamento porque, nun ano tan complicado, non se podía deixar o persoal do sector sen unha suba salarial.

    20/07/2021.
    CCOO asina o convenio do siderometal de Ourense

    CCOO asina o convenio do siderometal de Ourense

    O incremento económico é «moderado», apunta CCOO. En concreto, do 1,5 % a partir de xullo, co obxectivo de que sexa maior no próximo convenio; ademais, acórdase un día de compensación adicional por exceso de xornada. «Era preciso asinar agora, vendo o estado das negociacións coa patronal e as alturas do ano en que nos atopamos», reiteran desde o sindicato.

    Atrasar o asinamento significaría perder a suba dos meses que fosen transcorrendo. De aí que se asine unha vixencia exclusivamente ata decembro deste ano, reabríndose a negociación, con novas expectativas, no 2022.

    Por último, CCOO-Industria lembra que no sector xa se padeceron escenarios máis adversos aínda, como o acordo da CIG e UGT no 2017 sen incremento salarial desde o ano 2013 ata setembro do 2017. Naquel momento, ambas as dúas organizacións defenderan o asinamento «por responsabilidade», malia a evidente perda económica.