Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 19 Abril 2024.

Folga para defender os dereitos laborais en Bosch Vigo

    O persoal de Bosch Service Solucions foi á folga este venres para defender os seus dereitos laborais ante os incumprimentos da empresa, a segunda máis grande da comarca por volume de emprego (1900 traballadores e traballadoras).

    16/07/2021.
    Folga en Bosch Vigo (16/7/2021)

    Folga en Bosch Vigo (16/7/2021)

    Entre as principais reivindicacións do persoal están o recoñecemento das categorías profesionais conforme ás funcións realizadas e sen precisar acudir ao xulgado, unha compensación xusta dos gastos ocasionados polo teletraballo desde o comezo da pandemia, rematar coa «práctica habitual» da empresa de impoñer determinados días de vacacións ou o atraso na presentación da documentación ante o SEPE para o persoal que entrou en ERTE no mes de xuño —a día de hoxe, estas persoas non teñen garantido sequera cobrar no mes de agosto.