Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 29 Marzo 2024.

Axudas económicas para o emprego feminino e a conciliación

    O Gabinete de Igualdade de CCOO resume nun documento as principais liñas de axudas para o emprego feminino e a conciliación: Programa Emega, Liña Emprende, Liña Activa, Liña ITEF e Liña Concilia.

    16/07/2021.
    Gabinete de Igualdade de CCOO

    Gabinete de Igualdade de CCOO

    Programa Emega é un conxunto de axudas dirixidas a apoiar a posta en marcha, a mellora e a reactivación de iniciativas empresariais constituí­das por mulleres; favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral; favorecer o acceso a servizos específicos de información, asesoramento e orientación para facilitar a implantación e consolidación dos proxectos empresariais promovidos por mulleres.

    Liña Emprende é unha serie de axudas económicas para favorecer a reactivación e consolidación de empresas constituídas por mulleres e a implantación de medidas innovadoras para a mellora da competitividade e que sexan necesarias para o mantemento do emprego por conta propia e por conta allea.

    Liña ITEF é unha liña de axudas económicas mediante incentivos para impulsar a implantación de inicia­tivas empresariais de carácter innovador, con contido científico ou con base tecnolóxica, pro­movidas por mulleres e que supoñan a creación de emprego feminino estable por conta propia e allea.

    Liña Activa é unha liña de axudas económicas mediante incentivos para favorecer a reactivación e consolidación de empresas constituídas por mulleres; a implantación de medidas innovadoras para a mellora da competitividade e que sexan necesarias para o mantemento do emprego por conta propia e por conta allea, así como para acadar o necesario equilibrio empresarial e asegurar a súa subsistencia, consolida­ción e mellora.

    Liña Concilia é unha axuda complementaria para promover a conciliación da vida persoal, familiar e laboral.

    Toda a información sobre os requisitos e prazos está recollida no documento que acompaña esta nota informativa.