Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 23 Abril 2024.

Chamados á folga os máis de 1900 traballadores e traballadoras de Bosch Vigo

    O comité de Bosch Service Solucions, a segunda maior empresa de Vigo por volume de traballadores e traballadoras, convoca folga para o venres, 16 de xullo. Tamén anuncia unha concentración diante da sede da empresa das 11 ás 12 horas.

    15/07/2021.
    Fotografía de arquivo da folga convocada en Bosch Vigo en marzo do 2019 | Foto: Arquivo CCOO

    Fotografía de arquivo da folga convocada en Bosch Vigo en marzo do 2019 | Foto: Arquivo CCOO

    Á folga están chamados os máis de 1900 empregados e empregadas da firma, que rexeitan a continua deterioración das condicións laborais.

    Entre as principais reivindicacións están o recoñecemento das categorías profesionais conforme ás funcións realizadas e sen precisar acudir ao xulgado, unha compensación xusta dos gastos ocasionados polo teletraballo desde o comezo da pandemia, rematar coa «práctica habitual» da empresa de impoñer determinados días de vacacións ou o atraso na presentación da documentación ante o SEPE para o persoal que entrou en ERTE no mes de xuño —a día de hoxe, estas persoas non teñen garantido sequera cobrar no mes de agosto.