Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 28 Marzo 2024.

Accións formativas do Gabinete de Igualdade de CCOO

    O Gabinete de Igualdade de CCOO de Galicia abre os prazos para as accións formativas que desenvolverá este verán, dirixidas ás persoas traballadoras que teñan que iniciar ou estean negociando plans de igualdade coas súas empresas.

    14/07/2021.
    Gabinete de Igualdade de CCOO

    Gabinete de Igualdade de CCOO

    Trátase de ciclos formativos presenciais non regrados e centrados na práctica da negociación colectiva con perspectiva de xénero —en concreto no relativo aos RDL 901/2020 e 902/2020— e na comprensión dos rexistros e auditorías retributivas.

    Esta é a vía principal para ir modificando a fenda salarial de xénero, pero tamén se fará fincapé na importancia de aplicar a perspectiva de xénero en todos os eidos da negociación colectiva, ademais dos plans de igualdade.

    O Gabinete de Igualdade de CCOO espera impartir estas formacións por todo o territorio galego e que cheguen a todos os sectores laborais a través das federacións de rama do sindicato.